Dub Housing é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock Pere Ubu, publicado o 17 de novembro de 1978 a través do selo Chrysalis Records. O álbum é agora considerado un dos seus mellores traballos, e foi descrito por Trouser Press como "simplemente unha das gravacións post-punk máis importantes".[1]
O título é unha alusión aos ecos visuais de bloques de casas idénticos en Baltimore,[2] presumiblemente que lembran o eco e a reverberación que caracterizan o dobraxe. "Dub" tamén é unha referencia ás Testemuñas de Xehová, que se refiren a si mesmas como "Dubs". O cantante David Thomas foi testemuña de Xehová. Nunha gravación pirata dun concerto de 1979, durante a canción "Sentimental Journey", David Thomas improvisa a frase "I live in a dub house!" A fotografía da portada mostra o edificio de apartamentos no 3206 Prospect Avenue preto do centro de Cleveland no que vivían os membros da banda cando se gravou este álbum.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por David Thomas, Tom Herman, Tony Maimone, Allen Ravenstine e Scott Krauss.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Navvy" |
2:40 |
2. |
"On the Surface" |
2:35 |
3. |
"Dub Housing" |
3:39 |
4. |
"Caligari's Mirror" |
3:49 |
5. |
"Thriller!" |
4:36 |
6. |
"I, Will Wait" |
1:45 |
7. |
"Drinking Wine Spodyody" |
2:44 |
8. |
"(Pa) Ubu Dance Party" |
4:46 |
9. |
"Blow Daddy-O" |
3:38 |
10. |
"Codex" |
4:55 |
36:46 |
Notas