"Du hast mich so fasziniert"
Canción de Harry Winter
Lanzamento
1960
Formato
Gravada
Xénero musical
Lingua(s)
Alemán
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es)
Robert Stolz (música) Robert Gilbert (letra)
Miscelanea
{{{miscelanea}}}
«Du hast mich so fasziniert » (en galego : «Fascináchesme tanto») é unha canción composta por Robert Stolz e interpretada en alemán por Harry Winter .[ 1] Foi elixida para representar a Austria no Festival de Eurovisión de 1960 tras ser seleccionada internamente pola emisora austríaca ORF .[ 1] [ 2]
Festival de Eurovisión 1960
Robert Stolz , compositor e director da canción, en 1961.
Selección
«Du hast mich so fasziniert» foi seleccionada para representar a Austria no Festival de Eurovisión 1960 pola emisora austríaca ORF .[ 1] [ 2]
No festival
A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante Harry Winter .[ 1] A orquestra foi dirixida por Robert Stolz .[ 3]
Foi interpretada en sétimo lugar, seguindo a Noruega con Nora Brockstedt interpretando «Voi, Voi » e precedendo a Mónaco con François Deguelt interpretando «Ce soir-là ». Ao final das votacións, a canción recibiu 6 puntos, obtendo o sétimo posto de 13.[ 4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos