Drosera regia

Drosera regia

Plantas en cultivo.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Core eudicots
Orde: Caryophyllales
Familia: Droseraceae
Xénero: Drosera
Subxénero: Regiae
Seine & Barthlott
Especie: D. regia
Nome binomial
'Drosera regia'
Stephens
Sinonimia
  • Freatulina regia (Stephens) Chrtek & Slavíková

Drosera regia é unha especie de planta carnívora do xénero Drosera, que é endémica dun único val de Suráfrica. O nome de drosera provén da verba grega droseros, que significa "cuberta de orballo". O epíteto específico regia é unha palabra latina que significa "real", unha referencia á "aparencia maxestosa" da planta. As follas poden chegar a medir 70 centímetros de longo. Posúe numerosas características primitivas que non se observan noutras especies de droseras, como son rizomas leñosos, pole operculado e a falta de vernación, unha prefoliación circinada (enrolada en forma de caxato) no crecemento do escapo. Todos estes factores, combinados coa información molecular que aporta a análise filoxenética, confirma que D. regia presenta algunhas das características máis primitivas do xénero. Algunhas delas son compartidas por unha parenta súa, a venus atrapamoscas (Dionaea muscipula), feito que suxire que evolucionaron conxuntamente.

Véxase tamén

Ligazóns externas