Drive Like Jehu (álbum)

Drive Like Jehu
Álbum de Drive Like Jehu
Publicado1991
Gravación1991
Duración44:56
Xénero(s)post-hardcore, emo
Selo(s)Cargo Music, Headhunter Records
ProdutorDonnell Cameron
Cronoloxía
- Drive Like Jehu Yank Crime
(1994)
Na rede
Discogs: 46588 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Drive Like Jehu é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-hardcore Drive Like Jehu, publicado en 1991 a través dos selos Cargo Music e Headhunter Records.[1] Aínda que non é tan apreciado como o seu segundo e derradeiro disco Yank Crime, o traballo gañou notoriedade nos emerxentes movementos noise rock e math rock, que posteriormente levaría a moitos dos seguidores a considearar a Drive Like Jehu como un vínculo entre estes dous xéneros. O álbum tamén axudou a atraer a atención de grandes discográficas, facendo que tanto Drive Like Jehu como a outra banda do guitarrista John Reis, Rocket From the Crypt, asinasen un lucrativo contrato con Interscope Records.

Listaxe de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por Drive Like Jehu

N.º Título Duración
1. "Caress"   3:55
2. "Spikes to You"   2:18
3. "Step on Chameleon"   5:12
4. "O Pencil Sharp"   9:44
5. "Atom Jack"   2:24
6. "If it Kills You"   7:12
7. "Good Luck in Jail"   4:05
8. "Turn it Off"   6:12
9. "Future Home of Stucco Monstrosity"   3:58

Notas

  1. Earles, Andrew (2014). Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996. Voyageur Press. p. 91