Andrew Melvin "Drew" Gooden, nado o 24 de setembro de 1981 en Oakland (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria
Gooden xogou de pivote no Instituto El Cerrito como sénior, e liderou aos Gauchos en 1999 ao campionato California Interscholastic Federation Boys Division III.
Gooden foi un xogador dominante na Universidade de Kansas, facendo medias de 19,8 puntos e 11,4 rebotes por partido na tempada 2001-02. Foi a peza clave que levou a Kansas á Final Four, ademais de recoller varios premios individuais que lle galardoaban como o mellor universitario do ano.
NBA
Foi elixido na cuarta posición do Draft de 2002 por Memphis Grizzlies, aínda que foi traspasado a metade da súa primeira tempada na liga a Orlando Magic a cambio de Mike Miller. Na tempada 2004-05 fichou por Cleveland Cavaliers, facendo medias de 14,4 puntos e 9,2 rebotes por partido. Tras esta gran campaña, o baixada de rendemento de Gooden foi notorio, descendendo até os 10,7 puntos e 8,7 rebotes. Na súa terceira tempada cos Cavaliers non houbo síntomas de melloría, e mesmo a directiva da franquía barallou incluírlo nalgún traspaso. Ese traspaso chegou o 21 de febreiro de 2008, data na que foi enviado a Chicago Bulls nun intercambio a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics.
O 19 de febreiro de 2009, Chicago Bulls traspasou a Gooden, Andrés Nocioni, Michael Ruffin e Cedric Simmons a Sacramento Kings a cambio de John Salmons e Brad Miller. Tras xogar un partido cos Kings, foi cortado o 1 de marzo e aos dous días asinou con San Antonio Spurs. En xullo de 2009 asinou como axente libre con Dallas Mavericks.
O 13 de febreiro de 2010, Gooden foi traspasado a Washington Wizards xunto con Josh Howard, James Singleton e Quinton Ross a cambio de Caron Butler, Brendan Haywood e DeShawn Stevenson. Días despois, o 17 de febreiro, Gooden foi traspasado a Los Angeles Clippers como parte dun intercambio a tres bandas; Ilgauskas, unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič marchábanse de Cleveland Cavaliers a Washington Wizards; Antawn Jamison desde Washington a Cleveland Cavaliers; Al Thornton dos Ánxeles a Washington Wizards e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland. O 1 de xullo de 2010 asinou un contrato con Milwaukee Bucks por cinco anos e 32 millóns de dólares. O 16 de xullo de 2013, os Bucks cortaron a Gooden usando a cláusula de amnistía.
O 26 de febreiro de 2014, Gooden asinou un contrato de dez días cos Washington Wizards.[1] O 8 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Wizards.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|