Drab Majesty é un proxecto musical estadounidense baseado nos Ánxeles, fundado en 2011 polo músico Deb Demure (Andrew Clinco) mentres traballaba de batería na banda Marriages.[1] O primeiro disco do proxecto foi o EP de 2012 Unarian Dances, primeiro autoeditado e despois lanzado en 2014 a través de Lolipop Records.[2] Dende que fichou por Dais Records, Drab Majesty publicou tres álbums: Careless (2015),[3] The Demonstration (2017),[4] e Modern Mirror (2019).[5]
Drab Majesty combina estética andróxina e voces dominantes con letras futuristas e ocultas, un estilo que Demure define como "tragic wave". Para crear a súa impoñente presenza escénica, Demure emprega disfraces, maquillaxe e accesorios para acompañar ás súas exuberantes paisaxes sonoras con influencias dos 80. Dende o ano 2016 Demure está acompañado nos concertos polo teclista e vocalista Mona D (Alex Nicolaou).[6]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas