Donkey Xote é unha película de animación en 3D hispano-italiana de 2007 dirixida por José Pozo e producida por Filmax Animation e Lumiq Studios. O guión da película baséase na segunda parte de Don Quixote da Mancha. Tamén foi a primeira película de animación española que contou cunha vinculación de videoxogos.
A película estreouse en España o 5 de decembro de 2007 e foi dobrada a catro linguas (castelán, catalán, galego e éuscaro).[1][2][3][4][5]
Sinopse
O estraño grupo composto por Don Quixote, o seu escudeiro Sancho (en realidade é moi rico), o burro Rucio (que pretende ser un cabalo) e o verdadeiro cabalo, Rocinante, emprenden unha viaxe para se bateren en dó co "Cabaleiro da Lúa". Se Quixote o vence, o Cabaleiro revelaralle a verdadeira historia de Dulcinea.
Elenco
Ficha de dobraxe
|
Director
|
Chema Gagino
|
Estudio
|
Studio XXI S.L. (A Coruña)
|
Notas