Dongrandeo é un lugar da parroquia de Donalbai no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE[1] en 2011 tiña 19 habitantes (13 homes e 6 mulleres).
Toponimia
O topónimo Dongrandeo podería ter orixe no antropónimo *Ganderedus ou *Gunderedus coa fórmula de tratamento Don, do latín Dŏmĭnu.[2]
Cultura popular
Segundo a lenda, do castro de Donalbai saíron tres irmáns (Grandeu, Albai e Senén), que lle deron nome aos barrios de Dongrandeo, Donalbai e Senande.[3]
Lugares e parroquias
Lugares de Donalbai
Parroquias de Begonte
Notas