Un dominio de Internet patrocinado (en inglés, sponsored TLD) é calquera dominio de Internet xenérico proposto por unha axencia ou fundación independente, a cal establece e aplica as regras para optar a devandito dominio. Por exemplo, o dominio .aero foi patrocinado pola Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques, a cal limita o rexistro baixo este dominio a membros da industria do transporte aéreo.
Entre os dominios de Internet patrocinados atópanse os seguintes:
- .aero - membros da industria do transporte aéreo - Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques.
- .coop - sociedades cooperativas - Dot Cooperation LLC
- .museum - museos - Museum Domain Management Association
- .prol - profesionais acreditados e entidades relacionadas - Registry Services Corporation
- .travel - axencias de viaxes, liñas aéreas, hoteis, organismos de promoción do turismo... - The Travel Partnership
- .mobi - dispositivos móbiles e servizos para eles - mTLD, un consorcio no que se atopan compañías como Microsoft, Ericsson, Vodafone, T- Mobile, Telefónica Móviles, Samsung, Sun Microsystems e Nokia
- .cat - cultura e lingua catalá - Fundación puntCat, para as entidades directamente relacionadas coa lingua e a cultura catalá (escolas, radios, entidades culturais, editoriais e administracións públicas do ámbito catalanfalante)
- .jobs - sitios web relacionados co emprego
- .gal - dominio específico para a cultura galega, aprobado pola ICANN o 14 de xuño de 2013[1].
Dominios de Internet patrocinados pendentes:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Non patrocinados | |
---|
Patrocinados | |
---|
Infraestrutura | |
---|
En fase inicial | |
---|
Propostos | |
---|
Borrados / Retirados | |
---|
Reservados | |
---|
Pseudo-Dominios | |
---|
|