María Dolores Hermelo Piñeiro, nada en Cangas en 1971, é unha política galega.
Traxectoria
Licenciada en Xeografía e Historia e titulada en Xestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Traballou na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidata do PPdeG ao concello de Cangas e foi elixida concelleira. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 presentouse no posto 9 da candidatura do PPdeG pola Pontevedra e foi elixida deputada.[1]