O dolmen recibe o nome dos irmáns Antonio e José Viera, que o redescubriron en 1903 antes era chamada Cueva Chica. En 1923 é declarado Monumento Nacional. Está datado no ano 2000 a. C. e é o máis pequeno do conxunto megalítico de Antequera. É un dolmen dos chamados de corredor con cámara funeraria de planta rectangular e uns 21 metros de lonxitude, a galería é cuberta. A cámara está dividida en dous tramos á que se chega por unha porta traballada de forma de fiestra rectangular. O solsticio ilumina o seu interior.[1]
O ancho interior vai dos 1,30 m nos tramos iniciais aos 1,60 m no treito final. Os laterais da cámara estaban formados por 16 ortóstatos, dos que se conservan 14 no lado esquerdo e 15 do dereito, na cabeceira hai unha soa lousa.
Da cuberta só se conservan cinco lousas íntegras e anacos doutras dúas. A altura interior media da cámara é de pouco máis de 2 m. O dolmen está baixo un túmulo e está orientado ao levante acimut de 96 graos, lixeiramente cara ao sur do leste.[2]
Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.