Un dioptro[1] é un sistema óptico formado por unha soa superficie que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.
O concepto de dioptro é útil á hora de formular os principios básicos da óptica xeométrica, xa que calquera punto do dioptrio pode tomarse como eixe óptico do sistema.
O dioptro pode ser plano ou esférico, segundo sexa a superficie.
- Un dioptro esférico é unha superficie esférica que separa dous medios transparentes de diferente índice de refracción. O estudo do dioptrio esférico ten especial importancia na óptica xeométrica debido a que nos espellos e nas lentes, os compoñentes fundamentais dos instrumentos ópticos, a luz compórtase seguindo leis similares ás do dioptro esférico.
Segundo o signo do raio de curvatura, pódense distinguir dioptros esféricos convexos, r>0, e cóncavos, r<0.
- Un dioptro plano é unha superficie plana que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.
Nun dioptro perfecto a lei de Snell para a refracción da luz pode reformularse en función da posición dun obxecto s e do lugar onde se forma a súa imaxe s´. A expresión que relaciona estas dúas distancias coñécese como invariante de Abbe (en honor a Ernst Abbe).
Esta expresión é:
- ,
onde n e n' son os índices de refracción dos dous medios e r é o raio de curvatura do dioptro.
Unha lente pode construírse mediante a unión de dous dioptros de diferente ou igual curvatura. A ecuación de lentes delgadas dedúcese a partir da refracción da luz en dous dioptros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos