Dimas Corral Rebellón, nado en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1820 e finado en Lugo o 28 de xuño de 1868, foi un médico, xornalista e filósofo galego.
Traxectoria
Estudou Filosofía e Metafísica na Universidade de Santiago de Compostela (1832-36) e despois Medicina (1840-46). En 1846 doutorouse en Filosofía e Medicina e foi rexente de Psicoloxía e Lóxica da Facultade de Letras compostelá. Foi médico en Ourense e profesor de Filosofía no Seminario. Logo foi profesor de Lóxica no Instituto de Ourense, do que chegou a ser director. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Foi redactor de El Eco de Galicia e La Aurora del Miño (que chegou a dirixir entre xuño e xullo de 1857) e colaborou en El Correo de Lugo.
Vida persoal
Casou coa compostelá Clara Aller Presas coa que tivo catro fillos: as escritoras Consuelo, Rita e Clara Corral Aller e o médico militar e profesor Dimas Corral Aller[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas