Dil Se.. (en hindi: दिल से) é un filme indio de 1998 dirixido e escrito por Mani Ratnam, e producido por Ratnam, Ram Gopal Varma e Shekhar Kapur. Foi rodada simultaneamente en linguas hindi e támil, sendo o título desta última Uyire. Está ambientado durante a insurxencia en Assam, e está protagonizado por Shah Rukh Khan e Manisha Koirala, e Preity Zinta fai o seu debut no cinema cun papel secundario. Foi escrito por Ratnam e Tigmanshu Dhulia, e é un exemplo de cinema paralelo, sendo a última entrega da triloxía de Mani Ratnam que consiste en Roja (1992) e Bombay (1995).[3][4] A banda sonora, composta por A. R. Rahman, vendeu seis millóns de unidades na India.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía