Diego Romero Fraga

Modelo:BiografíaDiego Romero Fraga
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1990
Cuntis
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarSarxento Editar o valor en Wikidata
DeportePiragüismo

Diego Romero Fraga, nado en Cuntis o 20 de novembro de 1990, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Gañou cinco medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2010 e 2019 (tres delas de ouro), e dúas medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón nos anos 2018 e 2019 (un ouro e un bronce).

Traxectoria

Debutou internacionalmente no 2009, cun 12º posto no Europeo de Maratón de Polonia en C1 e un sexto posto no Campionato Mundial, en Portugal, na categoría C2, formando parella con Álvaro Rodríguez.[1] Ao ano seguinte logrou a súa primeira medalla, unha prata no C2 do Mundial celebrado en Banyoles, xunto a Cristian Ribadomar,[2][3] resultado que repetiu na mesma categoría tres anos despois no Mundial en Copenhague, esta vez con Tono Campos como compañeiro.[4]

Tras varios Europeos e Mundiais rematando entre o 5º e o 9º posto, volveu ao podio en 2018, subindo por primeira vez ao máis alto, tanto no campionato continental[5] como no Mundial de Vila Verde,[6][7] en ambas ocasións facendo parella con Óscar Graña. En 2019, no Europeo celebrado en Francia participou en dúas categorías: C1 en distancia curta, rematando en quinto lugar, e C2, logrando a medalla de bronce xunto a Tono Campos.[8] No Campionato do Mundo da China, competiu nas mesmas dúas categorías, levando o ouro en ambas: gañou no C1 en distancia curta, por diante de Tono Campos, segundo; e venceu no C2, co propio Campos como compañeiro.[9][10]

Palmarés internacional

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2010 Banyoles (España España) Medalla de prata Prata C2
2013 Copenhague (Dinamarca Dinamarca) Medalla de prata Prata C2
2018 Vila Verde (Portugal Portugal) Medalla de ouro Ouro C2
2019 Shaoxing ( China) Medalla de ouro Ouro C1 (DC)
2019 Shaoxing ( China) Medalla de ouro Ouro C2
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Metković (Croacia Croacia) Medalla de ouro Ouro C2
2019 Decize ( Francia) Medalla de bronce Bronce C2

Notas

  1. "Resultados de Gaia 2010" (PDF). www.canoeicf.com. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  2. "España se reafirma como primera potencia mundial de piragüismo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  4. "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  5. "Óscar Graña y Diego Romero, campeones de Europa de maratón en C-2". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  6. "Diego Romero y Óscar Graña, campeones del mundo de maratón en C2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  7. "Resutlados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  8. "Las "Tanias" son de plata, y Campos-Romero, de bronce en el Europeo". El Correo Gallego (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  9. "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas