Diego Martínez Santos

Modelo:BiografíaDiego Martínez Santos
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
NIKHEF (en) Traducir
Vrije Universiteit Amsterdam Editar o valor en Wikidata

BUSC: martinez-santos-diego-1983

Diego Martínez Santos, nado en Avilés en 1982,é un físico e investigador galego. No 2013, gañou o Young Experimental Physicist Prize polos seus traballos no experimento LHCb do LHC, recoñecemento concedido pola Sociedade Europea de Física[1][2].

Traxectoria

Criado en Foz, estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como investigador posdoutoral no Instituto Nacional de Física Subatómica de Holanda. Desenvolveu o seu traballo de investigación no acelerador de partículas LHC de Xenebra (Suíza), e dirixe un grupo de análise no Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). Foi o principal responsable dun experimento no acelerador de partículas LHC de Xenebra que analizou as desintegracións dunha partícula chamada mesón Bs, cuxas conclusións cadraban co modelo estándar da Física e a súa explicación do Universo.

Notas

  1. "Documento EPS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de marzo de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  2. "Artículo en Free University Amsterdam".