Diego Maceiras Muíños, nado en Vigo o 24 de marzo de 1990, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de lateral esquerdo. Ata o ano 2018 xogou para o Racing de Ferrol.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Porriño Industrial Club de Fútbol, co que debutou en Preferente autonómica en 2009. Ao anos seguinte fichou polo Alondras CF de Terceira División. No verán de 2011 fichou polo Celta de Vigo B, de Segunda División B, porén ese mesmo ano o equipo descendeu.
No verán de 2014 incorporouse ao Racing Club de Ferrol, co que xogou dúas fases de ascenso consecutivas á Segunda División do fútbol español, nas temporadas 2014/15 e 2015/16.
Retirouse do fútbol no 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas