Diego Ifrán Sala, nado en Cerro Chato o 8 de xuño de 1987, é un futbolista uruguaio. Xoga como dianteiro e o seu equipo actual é o Sporting Cristal.
Traxectoria
O 12 de marzo de 2014 foi cedido pola Real Sociedad ao Deportivo da Coruña logo da grave lesión de Diogo Salomão, até o remate da tempada 2013–14.[1] O seu debut como deportivista chegou na xornada 31, nunha vitoria fronte o Real Zaragoza a domicilio (0–1), anotando o seu primeiro gol dúas xornadas máis tarde, nunha nova vitoria, esta vez fronte o Real Madrid Castilla a domicilio (0–2). Ese ano o club coruñés ascendeu a Primeira División, participando Ifrán en 11 encontros e anotando 4 tantos.
Na pretempada 2014–15 foi cedido novamente, esta vez ao CD Tenerife de Segunda División, por unha campaña.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas