| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Diego Andrés Bermúdez Penabad, máis coñecido como Bermúdez, nado nas Pontes de García Rodríguez o 19 de xuño de 1982, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa.
Traxectoria
Formado nas categoría inferiores do Celta de Vigo, é fillo de José Antonio Bermúdez, xogador do Calvo Sotelo, Perlío e Racing de Ferrol na década de 1970. Bermúdez xogou desde neno no Endesa As Pontes, onde foi campión de Liga e Copa de Ferrol en categoría alevín nos anos 1993 e 1994, en infantís en 1995 e 1996 e campión da Liga de Ferrol cadete en 1998.[1]. Actúa de lateral esquerdo e pasou polo Viveiro, Racing Vilalbés, Compostela, Arteixo, Móstoles, Osasuna B e Leganés, antes de chegar ao Alcorcón. Neste equipo viviu a experiencia do 'Alcorconazo' ante o Real Madrid en Copa do Rei e o primeiro ascenso a Segunda da historia do club.[2].
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas