Die Unberührbare é un filme alemán de 2000 dirixido por Oskar Roehler. Está protagonizado por Hannelore Elsner que interpreta a Gisela Elsner, unha escritora de mediana idade con tendencias suicidas que viaxa por Alemaña nun período de crise persoal.
Gañou o premio ó mellor filme na 50ª edición do Deutscher Filmpreis "Lola Awards" en xuño de 2000, e Elsner gañou o premio de mellor actriz pola súa interpretación. Foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 73ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En abril de 2001, gañou o Tulipán de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Istambul.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Michelle Langford, ed., Directory of World Cinema: Germany (Intellect Books, 2012), p. 297
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Alemaña Occidental | | |
---|
Alemaña Oriental | |
---|
Alemaña | |
---|