Die Abenteuer des Prinzen Achmed

As aventuras do príncipe Achmed
Ficha técnica
Título orixinalDie Abenteuer des Prinzen Achmed
DirectorLotte Reiniger
Carl Koch
GuiónLotte Reiniger
Baseado enAs mil e unha noites
MúsicaWolfgang Zeller
FotografíaCarl Koch
DistribuidoraComenius-Film GmbH
Estrea1926
Duración65 min. (a 24 fps)
OrixeAlemaña
XéneroAnimación
Na rede
IMDB: tt0015532 Filmaffinity: 365539 Allocine: 5091 Rottentomatoes: m/1053321-adventures_of_prince_achmed TCM: 438055 TV.com: movies/the-adventures-of-prince-achmed Netlix: 60026656 Editar o valor en Wikidata

Die Abenteuer des Prinzen Achmed é unha película animada de longa duración de 1926 realizada pola animadora alemá Lotte Reiniger. É a longametraxe animada máis antiga que se conserva.[1] Realizouse coa técnica de animación de siluetas que Reiniger inventara, consistente en manipular recortes de cartón e láminas finas de chumbo baixo unha cámara. A técnica que empregou para a cámara é similar ás sombras do Wayang. A película orixinal estaba coloreada. A historia está baseada en elementos tomados de As mil e unha noites, especialmente A historia do príncipe Ahmed e a fada Paribanou, que aparece en The Blue Fairy Book de Andrew Lang. Coa axuda de Aladino, a Bruxa da Montaña de Fogo e un cabalo máxico, o protagonista loita contra un meigo africano para conseguir a man de Peri Banu.

Notas

  1. Quirino Cristiani realizou dúas longametraxes animadas anteriormente, [1], que non se conservan.