Dicheirotrichus gustavi

Dicheirotrichus gustavi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Adephaga
Superfamilia: Caraboidea
Familia: Carabidae
Xénero: Dicheirotrichus
Especie: D. gustavi
Nome binomial
Dicheirotrichus gustavi
Crotch, 1871

Dicheirotrichus gustavi é unha especie de escaravello carábido. Sae das gretas ou buracos nas que se agocha para alimentarse nas marismas mareais salgadas despois do serán. Malia vivir en ambientes costeiros, non ten un ciclo de comportamento ligado ás mareas, simplemente corre á terra seca cando é sorprendido polas ondas do mar que se aproximan.[1] Come larvas doutros escaravellos intermareais, como Bledius spectabilis, se non están protexidos por adultos.[2]

Notas

  1. Foster, W A (1983). "Activity rhythms and the tide in a saltmarsh beetle Dicheirotrichus gustavi" (PDF). Oecologia 60: 111–113. doi:10.1007/bf00379328. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-04-01. 
  2. Wyatt, T D; Foster, W A (1989). "Parental Care in the Subsocial Intertidal Beetle, Bledius spectabilis, in Relation to Parasitism by the Ichneumonid Wasp, Barycnemis blediator". Behaviour 110 (1–4): 76–92. doi:10.1163/156853989x00394. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.