Diana Varela Puñal
Diana Varela Puñal, nada en Corme (Ponteceso) o 16 de febreiro de 1981, é unha avogada e escritora galega.
Traxectoria
Trasladouse aos catorce anos á Coruña. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada. Algúns dos seus poemas viron a luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico e en El Correo Gallego. Colaboradora dos xornais Galicia Hoxe e La Opinión.
Obras
Poesía
Literatura infanto-xuvenil
- As trovas de Midas, 2011, libro publicado por Galebook, en formato impreso e dixital.
Narrativa
Obras colectivas
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- Dez anos nas Pontes, 2013, Galebook.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|