Diabase

Diabase ou dolerita

A diabase[1], tamén chamada dolerita[2] ou microgabro,[3] é unha rocha hipoabisal ou subvolcánica máfica, holocristalina, equivalente ao basalto volcánico ou ao gabro plutónico. Os diques e os sill de diabases son corpos intrusivos de pouca profundidade e a miúdo mostran unha textura de gran fino ou marxes de arrefriamento afaníticos que poden conter taquilita (vidro máfico escuro). Ás veces dependendo do contexto ou do país, o termo diabase aplícase só a basaltos e doleritas alteradas, mentres que dolerita se aplica nos demais casos, polo que en ocasións os termos son un pouco confusos.[1] Para evitar esta confusión moitos petrólogos prefiren usar como nome xeral microgabro.

Petrografía

A diabase normalmente ten unha textura fina pero visible de cristais de plaxioclasio (62%) euédrico con forma de listón en medio dunha matriz máis fina de clinopiroxeno, tipicamente auxita (20–29%), con menores cantidades de olivina (do 3% ao 12% nas diabases de olivina), magnetita (2%), e ilmenita (2%).[4] Minerais accesorios e de alteración que poden aparecer son horneblenda, biotita, apatita, pirrotita, calcopirita, serpentina, clorita, e calcita. A textura denomínase diabásica e é típica das diabases. Esta textura tamén se denomina intersticial.[5] Os feldespatos son ricos en anortita (en contraposición coa albita), o membro final cálcico da serie de solución sólida do plaxioclasio anortita-albita, máis comunmente labradorita.

Localizacións

Un dique de diabase vertical escuro que corta un estrato horizontal de calcaria
Rochas de diabase en Pennsilvania
Rochas de dolerita en Namibia
A dolerita forma columnas verticais en Tasmania. Estas columnas crean relevos con pendentes verticais nas áreas alpinas.

A diabase encóntrase xeralmente en corpos intrusivos relativamente pouco profundos e pequenos como diques e sill. Os diques de diabase aparecen en rexións onde hai extensión da codia e a miúdo aparecen en conxuntos que conteñen centos de diques ou sill que radian desde un só centro volcánico.

En Galicia encóntranse diques de diabase en diversas localizacións asociadas coa oroxenia herciniana; algúns mesmo foron explotados comercialmente.[6]

O sill de Palisades que forma as Palisades de Nova Jersey no río Hudson, preto da cidade de Nova York, é un exemplo de sill de diabase. Os complexos de diques da Provincia volcánica terciaria británica que inclúe Skye, Rum, Mull e Arran no oeste de Escocia e a rexión de Slieve Gullion en Irlanda, e que se estende polo norte de Inglaterra, contén moitos exemplos de diques radiais de dolerita, e cara aos Midlands outro exemplo é a rocha Rowley Rag. En partes das trampas do Decán da India, que se formaron ao final do Cretáceo, tamén aparece a dolerita.[7] Tamén abunda en gran parte da illa caribeña de Curaçao. Outro exemplo de diques de diabase é o que se atopa en Mongo no macizo de Guéra no Chad en África central.[8]

En Australia Occidental un dique de diabase de 200 km de longo, o Cinto de Norseman–Wiluna,[9] está asociado coa área mineira aurífera non aluvial situada entre Norseman e Kalgoorlie, onde se encontra a maior mina de ouro de Australia,[10] a mina de ouro Super Pit. Ao oeste do Cinto de Norseman–Wiluna está o Cinto de Yalgoo–Singleton, onde un complexo de diques radiais de dolerita oculta os sedimentos volcánicos.[11] Os grandes diques de dolerita como o Golden Mile Dolerite de Australia poden ter unha textura máis graúda, e mostran unha gran diversidade petrográfica e xeoquímica a través de todo o grosor do sill.[12]

Nas Montañas de Lousa de Turinxia-Franconia-Vogtland no centro de Alemaña a diabase é de idade devoniana.[13] Forma paisaxes típicamente de forma abovedada, especialmente no Vogtland. Unha atracción xeoturística é a Steinerne Rose preto de Saalburg, un monumento natural cuxa forma actual se debe á meteorización típica que sofren as lavas almofadadas.

As vastas áreas de volcanismo/plutonismo máfico asociadas coa fragmentación no Xurásico de Gondwana no hemisferio sur inclúe moitos sills grandes de diabase/dolerita e diques radiais. Entre eles están as doleritas do Karoo de Suráfrica, as doleritas de Ferrar da Antártida, e o maior de todos, con diferenza a máis extensa de todas as formacións de dolerita do mundo, encóntrase en Tasmania. Alí, o volume de magma que fixo intrusión nunha delgada lámina de rochas do Permiano e Triásico desde moitos focos, ao longo dun período dun millón de anos, puido superar os 40 000 km3.[14] En Tasmania, a dolerita domina gran parte da paisaxe, especialmente nas áreas alpinas.

Os diques anulares son grandes diques case verticais que se mostran sobre o terreo como afloramentos circulares de ata 30 km de diámetro, cunha profundidade de centos de metros a varios quilómetros. Os diques máis grosos adoitan estar feitos de rochas plutónicas en vez de hipoabisais e están centrados en intrusións profundas.

Uso

A diabase tritúrase e utilízase na construción como árido nas plataformas das estradas, en edificios, como recheo entre as vías de tren (balastro usado pola súa gran dureza e pouca transmisión das vibracións), e en encoros e diques.[15][16]

A diabase pode tamén tallarse para uso ornamental en mesados, pedra de fachadas e recubrimentos e pavimentos.[16] Unha forma de dolerita chamada bluestone, é un dos materiais que se utilizou na construción de Stonehenge.[17]

A diabase tamén serve como pedra de construción local. En Tasmania, onde é unha rocha relativamente común, utilízase para a construción, en paisaxismo e para levantar muros nas granxas. No norte de County Down, Irlanda do Norte, utilízase a "dolerita" en construcións como o pazo de Mount Stewart, xunto co arenito de Scrabo e ambas as dúas rochas extráense de Scrabo Hill.

A obra de arte con forma de violín (que pode tocarse) chamada Blackbird está feita de diabase negra.

Notas

  1. 1,0 1,1 Dicionario Digalego Diabase Arquivado 30 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
  2. Definición de dolerita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "BGS Rock Classification Scheme - Dolerite (Synonymous with Microgabbro)". British Geological Survey. Consultado o 24 August 2015. 
  4. Klein, Cornelus and Cornelius S. Hurlbut, Jr.(1986) Manual of Mineralogy, Wiley, 20th ed., p. 483 ISBN 0-471-80580-7
  5. Morehouse, W. W. (1959) The Study of Rocks in Thin Section, Harper & Row, p. 160
  6. Xunta de Galicia-Ministerios de Ciencia e Innovación-IGME Mapa de rocas y minerales industriales de Galicia
  7. Continental Flood Basalts (and Layered Intrusions)
  8. Nkouandou, Oumarou Faarouk; Bardintzeff, Jacques-Marie; Mahamat, Oumar; Fagny Mefire, Aminatou; Ganwa, Alembert Alexandre (2017-05-22). "The dolerite dyke swarm of Mongo, Guéra Massif (Chad, Central Africa): Geological setting, petrography and geochemistry". Open Geosciences 9 (1): 138–150. Bibcode:2017OGeo....9...12N. ISSN 2391-5447. doi:10.1515/geo-2017-0012. 
  9. Hill R.E.T, Barnes S.J., Gole M.J., and Dowling S.E., 1990. Physical volcanology of komatiites; A field guide to the komatiites of the Norseman-Wiluna Greenstone Belt, Eastern Goldfields Province, Yilgarn Block, Western Australia., Geological Society of Australia. ISBN 0-909869-55-3
  10. O'Connor-Parsons, Tansy; Stanley, Clifford R. (2007). "Downhole lithogeochemical patterns relating to chemostratigraphy and igneous fractionation processes in the Golden Mile dolerite, Western Australia". Geochemistry: Exploration, Environment, Analysis 7 (2): 109–27. doi:10.1144/1467-7873/07-132. 
  11. Wanga Q.; Campbella I. H. (1998). "Geochronology of supracrustal rocks from the Golden Grove area, Murchison Province, Yilgarn Craton, Western Australia". Australian Journal of Earth Sciences 45 (4): 571–77. Bibcode:1998AuJES..45..571W. doi:10.1080/08120099808728413. 
  12. Travis, G. A., Woodall, R. & Bartram, G. D. (1971) The Geology of the Kalgoorlie Goldfield. Geological Society of Australia, 175–90
  13. Dierk Henningsen, Gerhard Katzung: Einführung in die Geologie Deutschlands. 7th edn. Spektrum Akademischer Verlag, Munich, 2006, ISBN 3-8274-1586-1, p. 69.
  14. Leaman, David 2002, "The Rock that Makes Tasmania", Leaman Geophysics, ISBN 0-9581199-0-2 p. 117
  15. Allen, George (Spring 2004). "Clayton Quarry". Mount Diablo Interpretive Association. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "Diabase Rock". comparerocks.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2018. 
  17. "Stonehenge's Mysterious Stones". Earth Magazone. 

Véxase tamén

Read other articles:

Arwana perak Osteoglossum bicirrhosum Status konservasiRisiko rendahIUCN49830060 TaksonomiKerajaanAnimaliaFilumChordataKelasActinopteriOrdoOsteoglossiformesFamiliOsteoglossidaeGenusOsteoglossumSpesiesOsteoglossum bicirrhosum lbs Arwana silver (Osteoglossum bicirrhosum) adalah ikan air tawar bertulang yang berasal dari Amerika Selatan, yang termasuk famili Osteoglossidae. Biasanya, arwana silver dipelihara di akuarium, tapi ikan ini merupakan ikan predator dan membutuhkan tangki yang besar. ...

 

Brigade Al-Quds (AQB ; Arab : سرايا القدس , Sarāyā al-Quds artinya Brigade Yerusalem) adalah sayap bersenjata dari Islamis Palestina  organisasi Jihad Islam Palestina (PIJ), yang merupakan organisasi terbesar kedua kelompok di Jalur Gaza, setelah Hamas. Pemimpin AQB adalah Ziyad al-Nakhalah, yang berbasis di Damaskus, Suriah. Ketua AQB di Jalur Gaza adalah Baha Abu al-Ata  hingga ia terbunuh pada November 2019.Brigade Al-QudsAnggota brigade Al-Quds berparade me...

 

Menteri Koordinator Bidang Politik, Hukum, dan Keamanan IndonesiaLambangPetahanaHadi Tjahjantosejak 21 Februari 2024Ditunjuk olehPresiden IndonesiaPejabat perdanaMaraden Panggabean Menteri Koordinator Bidang Politik, Hukum, dan Keamanan disingkat Menkopolhukam adalah seorang menteri yang memimpin Kementerian Koordinator Bidang Politik, Hukum, dan Keamanan dan membawahi menteri-menteri bidang politik, hukum, dan keamanan. Jabatan ini dibentuk pada masa pemerintahan Presiden Soeharto tepat...

Musa memegang tongkat di Pertempuran Refidim dalam lukisan Victory O Lord! karya J. E. Millais Tongkat Musa adalah sebuah tongkat yang disebutkan dalam Alkitab dan Al-Qur'an sebagai tongkat jalan yang dipakai oleh Musa. Menurut Kitab Keluaran dalam Alkitab, tongkat (Ibrani: מַטֶּהcode: he is deprecated matteh) dipakai untuk mengeluarkan air dari batu, berubah menjadi ular dan kembali ke bentuk semula, dan dipakai untuk membelah Laut Merah. Apakah tongkat Musa adalah tongkat yang sama de...

 

Bénitoïte[1]Catégorie IX : silicates[2] Bénitoïte, San Benito (vue 4,6 cm) Général Classe de Strunz 9.CA.05 9 Unclassified Strunz SILICATES (Germanates)  9.C Cyclosilicates   9.CA [Si3O9]6- 3-membered single rings (dreier-Einfachringe),    9.CA.05 Bazirite BaZrSi3O9Space Group P 6m2Point Group 6 m2    9.CA.05 Benitoite BaTiSi3O9Space Group P 6c2Point Group 6 m2    9.CA.05 Pabstite Ba(Sn,Ti)Si3O9Space Group P 6c...

 

Bagian dari seriTindakan reparasidalam Gereja KatolikLukisan dinding oleh Pietro Lorenzetti Acts Panah Emas Doa pagi Kamis Pertama Jumat Pertama Sabtu Pertama Rosario Luka Suci Tindakan reparasi kepada Tritunggal Mahakudus Tindakan reparasi kepada Perawan Maria  Portal Katoliklbs Tradisi Katolik dan Mariologi mencakup doa dan devosi khusus sebagai tindakan reparasi atas dugaan penghinaan dan penghujatan terhadap Maria, ibu Yesus, sering disebut sebagai Perawan Maria yang Terberkati d...

Dimona דִּימוֹנָהديمونةTranskripsi bahasa Ibrani • ISO 259Dimona [[Dimona|]]DistrikSelatanDidirikan1955Pemerintahan • JenisKota • Kepala DaerahMeir CohenLuas • Total29.877 dunams (29,877 km2 or 11,536 sq mi)Populasi (2007) • Total33.600 • Kepadatan1,1/km2 (2,9/sq mi) Pemandangan Dimona Dimona (Ibrani: דִּימוֹנָה) adalah sebuah kota Israel di gurun Nege...

 

Singaporean bioinformatician In this Chinese name, the family name is Chen (陈). Tan Tin Wee 2012 at the Induction Ceremony of the inaugural Internet Hall of Fame, Geneva[1] Tan Tin Wee (born 1962) is a Singaporean bioinformatician and university lecturer.[2] He is an associate professor at the Department of Biochemistry at the National University of Singapore and Chief Executive of the National Supercomputing Center (NSCC) Singapore. As the inventor and founder of multilingu...

 

Ковариа́ция или корреляционный момент c o v ( X , Y ) {\displaystyle \mathrm {cov} (X,Y)} случайных величин — в теории вероятностей и математической статистике мера зависимости двух случайных величин. В теории вероятностей и статистике ковариация является мерой совместной изменчивости ...

Collection of Galician canticles (songs with music), preserved in several manuscripts An illustration from the E codex of the Cantigas de Santa Maria. The Cantigas de Santa Maria (Galician: [kanˈtiɣɐz ðɪ ˈsantɐ maˈɾi.ɐ], Portuguese: [kɐ̃ˈtiɣɐʒ ðɨ ˈsɐ̃tɐ mɐˈɾi.ɐ]; Canticles of Holy Mary) are 420 poems with musical notation, written in the medieval Galician-Portuguese language during the reign of Alfonso X of Castile El Sabio (1221–1284). Traditionall...

 

哥伦比亚大学的「智慧女神雕像」 母校(拉丁語:alma mater,英式英語發音:/ˈɑːlmə ˈmɑːtər/、美式英語發音:/ˈælmə ˈmeɪtər/),源自拉丁語,本意「母親的哺乳」,詞源與校歌相通,是一個使用於古羅馬各式地母神的頭銜,特別是刻瑞斯或者西芭莉(希臘神話),亦使用於中世紀基督教的聖母瑪利亞。 位於義大利的博洛尼亚大学於1988年,430位大学校长在大學著名的大�...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع تقويم هجري (توضيح). تقويم هجريمعلومات عامةصنف فرعي من تقويم 12 شهرًا جزء من ثقافة إسلامية أحداث مهمة الهجرة النبوية لديه جزء أو أجزاء المحرمصفرربيع الأول تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات التقويم الهجريّ القمريّ أو التقويم الإسلاميّ أو التقويم ...

NGC 3621   الكوكبة الشجاع[1]  رمز الفهرس NGC 3621 (الفهرس العام الجديد)IRAS F11158-3232 (IRAS)IRAS 11158-3232 (IRAS)UGCA 232 (Uppsala General Catalogue Addendum)ESO 377-37 (European Southern Observatory Catalog)PGC 34554 (فهرس المجرات الرئيسية)2MASX J11181630-3248453 (Two Micron All-Sky Survey, Extended source catalogue)MCG-05-27-008 (فهرس المجرات الموروفولوجي)ESO-LV 377-0370 (European Southern...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (أغسطس 2022) توسع الأوعية الدموية للقرنية (CNV) معلومات عامة الاختصاص طب العيون  من أنواع ا�...

 

Spanish footballer In this Spanish name, the first or paternal surname is Mariño and the second or maternal family name is Villar. Diego Mariño Mariño with Valladolid in 2014Personal informationFull name Diego Mariño Villar[1]Date of birth (1990-05-09) 9 May 1990 (age 34)[2]Place of birth Vigo, SpainHeight 1.87 m (6 ft 2 in)[2]Position(s) GoalkeeperTeam informationCurrent team AlmeríaNumber 1Youth career Santa Mariña1998–2000 Rápido...

Orla coat of arms. Szaszor, also known as Saszor, is a heraldic charge in the shape of headless eagle.[1][2] Usage It was used in the Orla and Saszow coat of arms of heraldic clans of Poland.[1] It is also used in the coat of arms and flag of the municipality of Rędziny, Silesian Voivodeship, Poland.[3] Gallery Saszow coat of arms of the House of Szaszowski. Coat of arms of Gmina Rędziny. References ^ a b Alfred Znamierowski, Heraldyka i weksylologia. p. 392....

 

Language family of Liberia and Ivory Coast This article should specify the language of its non-English content, using {{lang}}, {{transliteration}} for transliterated languages, and {{IPA}} for phonetic transcriptions, with an appropriate ISO 639 code. Wikipedia's multilingual support templates may also be used. See why. (December 2021) KruGeographicdistributionIvory Coast, Liberia, Burkina FasoLinguistic classificationNiger–Congo?...

 

Adult Film DatabaseURLhttps://www.adultfilmdatabase.com/ TipeSitus dewasaBahasaInggrisBerdiri sejak1991 dengan nama Sodomite 1999 dengan nama Adult Film DatabasePeringkat Alexa81.731 (28 November 2017) StatusAktif Adult Film Database (AFD) adalah sebuah database situs web dewasa berbahasa Inggris yang berupaya menyimpan catatan semua film porno dan bintang film dewasa. Termasuk filmografi, biografi parsial, ulasan, film dewasa berlabel dan dikategorikan, serta blog industri dewasa yang diperb...

1971 live album by Mal WaldronMal Waldron Plays the BluesLive album by Mal WaldronReleased1971RecordedJune 29, 1971GenreJazzLength44:05LabelEnjaProducerHorst WeberMal Waldron chronology Black Glory(1971) Mal Waldron Plays the Blues(1971) Signals(1971) Mal Waldron Plays the Blues is a live album by American jazz pianist Mal Waldron recorded in Munich in 1971 and released on the Enja label.[1] Reception The AllMusic review by Scott Yanow awarded the album 3 stars stating The thr...

 

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. كان تمثال الحرية الوجهة الأولى لكثير من المهاجرين إلى الولايات المتحدة الأمريكية، لأنه يمثل الاستقلال، والحرية الشخصية.التمثال يعد رمز للولايات المتحدة، والحلم الأميركي. ا...