Deusa Tripla

Símbolo da Deusa Tripla. Representa á lúa crecente, á lúa chea e á lúa minguante para simboliza-los tres aspectos da Deusa Tripla ou Deusa Nai

A Deusa Tripla é a deusa superior da relixión neopagá Wicca. Trátase dunha divindade feminina representada por unha lúa chea, ou por unha lúa chea cunha lúa minguante e a outra crecente a cada un dos seus lados, formando as tres fases máis importantes da lúa nun só símbolo.

A Wicca cre que a deusa é unha representación da enerxía feminina creadora do Universo. As tres caras da Deusa son a dama (lúa crecente), a nai (lúa chea) e a anciá ou a meiga (lúa minguante).

Cando a Lúa chega a alcanza-la súa plenitude, ou sexa, está chea, os wiccanos celébranlle á Deusa os esbats.