Trátase dunha descrición exhaustiva do reino, redactada en castelán, onde se fala dos corpos de santos ou reliquias, ríos, poboacións, portos e monumentos que atesoura o reino. Tamén fala das orixes e feitos de armas máis destacados das liñaxes galegas imperantes na época.
É considerado o primeiro libro galego moderno, tanto pola súa temática, unha reivindicación de Galicia levantada nun momento de auxe da galegofobia; como por ser iniciativa dun editor non relixioso, Agustín de Paz[2], nun tempo en que só a igrexa promovía libros.[3]
Estrutura e estilo
Está estruturada en cinco partes e presentada en verso e en cadansúa páxina un comentario en prosa que amplía o texto versificado. É importante pola súa antigüidade e por ser un dos primeiros textos en que nesta época se reivindica a defensa e dignidade de Galiza fronte ao desprezo e o proceso de periferización en que se ía inserindo.