Dereito foral

     Autonomías con dereito foral.      Foro de Baylío.

O dereito foral ou especial é o ordenamento xurídico civil local ou propio dunha autonomía de España. Coexiste co dereito común estatal, que se aplica de xeito supletorio.

Posúen este dereito só 6 das 17 comunidades autónomas: Aragón, Baleares (con particularidades en cada illa), Cataluña, Galiza, Navarra e o País Vasco (con particularidades segundo o territorio).[1][2] Así mesmo, está vixente o Foro de Baylío,[1] que se aplica nalgunhas localidades de Estremadura limítrofes con Portugal[3] e na cidade autónoma de Ceuta (de antigo dominio portugués).[4] O País Valenciano, malia ter tido dereitos forais, actualmente non posúe unha regulamentación en vigor a este respecto.[5]

Estes dereitos teñen orixe xeralmente nas cartas de poboamento outorgadas polos reis e señores da Península Ibérica ó fundar poboacións durante a Idade Media. As cartas tiñan como obxectivo principal o ordenamento do territorio e regulaban as condicións xurídicas do asentamento, así como as relacións entre os poboadores e o señor da terra, constituíndo a primeira manifestación da lei local.[6][7][8] Co crecemento das localidades e o aumento das relacións entre elas, as cartas de poboamento fóronse unificando en normas xurídicas comúns, que se estabelecían en forma de foros, isto é, un estatuto xurídico aplicábel a un territorio.[9] Con todo, a fonte do dereito tamén pode ser de orixe consuetudinaria, como é o caso de Galiza.[10]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Derechos Forales (Compilaciones Forales)". Enciclopedia jurídica (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  2. "Derecho foral". Wolters Kluwer (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  3. "Derecho Consuetudinario de Extremadura. El Fuero de Baylio". RolePlayJurídico (en castelán). 1 de decembro de 2012. 
  4. Guerra, Antonio (8 de marzo de 2015). "Por qué el Fuero del Baylio está vigente en Ceuta". El Faro de Ceuta (en castelán). 
  5. Borrás, Xavier (29 de abril de 2016). "El Constitucional liquida el régimen Foral de separación de bienes". El Mundo (en castelán). Valencia. …está vetado a la Comunidad Valenciana crear un Derecho civil ex novo 
  6. "Carta Puebla". Enciclopedia GER. Canal Social (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  7. Gómez Bayarri, José Vicente (2008). "Cartas pueblas valencianas concedidas a fueros aragoneses" (PDF). Aragón en la Edad Media (en castelán) (20): 391–412. ISSN 0213-2486. 
  8. "El Derecho de la Corona de Castilla" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  9. "La evolución foral en la Corona de Castilla y León". La comunidad del castillo (en castelán). 30 de xaneiro de 2010. 
  10. "El presidente de la Real Academia Gallega reivindica la costumbre como base del Derecho regional". Axencia EFE (en castelán). 7 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2021. 

Véxase tamén