A Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo é un selo que recoñece a calidade de diversos produtos da horta do concello de Mondoñedo. Foi concedido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en decembro de 2018.
Produtos
Abrangue a produción de froita, hortaliza, verduras e legumes frescas, herbas aromáticas frescas; plantas e flores: bulbos, plantóns e sementes; malte, produtos agrícolas e hortícolas en bruto e sen procesar; grans e sementes en bruto ou sen procesar. Exclúe a pataca (amparada pola D.O. Pataca de Galicia), faba (D.O. Faba de Lourenzá) e o grelo (D.O. Grelos de Galicia).[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas