A demanda agregada representa a cantidade de bens e servizos que os habitantes, as empresas, as entidades públicas e o resto do mundo desexan e poden consumir do país para un determinado nivel de prezos.
A curva de demanda agregada ten pendente negativa: se soben os prezos a xente comprará menos e se baixan comprará máis.
Outra xeito de ver a demanda agregada ten que ver co fluxo circular do ingreso e gasto; toda a produción dunha economía (Y), debe ter un destino, o cal está dado por: C,I,G,X,M. o ingreso xerado na economía é igual ao seu gasto (destino) quedando como segue:
Y=C+I+G+X-M=DA
Onde:
DA = Demanda agregada.
C = Demanda de consumo privado.
I = Demanda de investimento.
G = Consumo público.
X = Exportacións.
M = Importacións.
Por outro lado, a demanda interna calcúlase da seguinte maneira:
DI = C + I + G
E a Demanda Final como: C+I+G+X
Cambios que desprazan a Demanda Agregada da súa curva orixinal:
- unha política fiscal.- cando o goberno trata de influír sobre a economía mediante o gasto que realiza ou xa sexa mediante os impostos.
- unha política monetaria.- a través da oferta monetaria ou das taxas de xuro, canto maior é a cantidade de diñeiro, maior será a demanda agregada; ou s aumenta a taxa de xuro diminúe a demanda agregada.
- por factores internacionais como o tipo de cambio e do ingreso do exterior
- por expectativas futuras no ingreso, na inflación ou nos beneficios.