Delia Fiallo, nada na Habana o 4 de xullo de 1924 e finada en Miami o 29 de xuño de 2021,[1] foi unha escritora e guionista de radionovelas e telenovelas cubana que residía en Florida.[2] As súas obras televisivas producíronse principalmente en Venezuela mais tamén escribiu historias para as televisións da Arxentina, o Perú, Porto Rico, o Brasil, os Estados Unidos, Colombia e México.[3]
Traxectoria
Fiallo foi unha das máis destacadas representantes da novela rosa contemporánea e fixo incursións en varios xéneros como se observa na súa produción literaria. Viviu un tempo en Venezuela onde se realizaron as súas maiores producións para Venevisión e despois para Radio Caracas Televisión.
Polas achegas que deu ao xénero do melodrama rosa na década de 1970 e mediados da década de 1980, foi considerada a "nai da telenovela latinoamericana".[4][5] As súas telenovelas foron versionadas en diferentes países e linguas, que deron un total de máis de oitenta versións de éxito.[6]
Estudou Filosofía e Letras na Habana e recibiu un doutoramento en 1948.[7] Comezou a escribir radionovelas na Habana en 1949 e a súa primeira adaptación foi a telenovela Soraya, emitida en Cuba en 1957.[8][9] Marchou dese país xunto coa súa familia en 1966 para exiliarse na cidade de Miami, onde ficou escribindo gran parte das súas novelas, aínda que visitou en diferentes ocasións Venezuela para poder supervisar en pequenas ocasións as producións.[10]
Grazas ao seu compatriota Enrique Cuscó puido contactar cos donos de Venevisión, canal que transmitiu a súa primeira telenovela do país, Lucecita en 1967.[11]
A última telenovela orixinal escrita por Fiallo foi Cristal en 1985.[11]
Obras
Radionovelas orixinais
- La señorita Elena
- Ligia Sandoval
- Soraya
- El ángel perverso
- Tu mundo y el mío
- La mujer que no podía amar
- Deshonrada
- Más fuerte que el odio
- Tu amor fue mi pecado
- Siempre te he querido
Telenovelas orixinais
- Cristal - Venezuela (1985-1986), con Lupita Ferrer, Jeannette Rodríguez, Carlos Mata e Raúl Amundaray[12]
- Leonela e Miedo al amor - Venezuela (1983-1984), con Mayra Alejandra e Carlos Olivier
- Querida mamá - Venezuela (1982), con Hilda Carrero e Eduardo Serrano
- La heredera - Venezuela (1981-1982), con Hilda Carrero e Eduardo Serrano
- Mi mejor amiga - Venezuela (1980-1981), con Flor Núñez e Félix Loreto
- María del Mar - Venezuela (1978), con Chelo Rodríguez e Arnaldo André
- Rafaela - Venezuela (1977), con Chelo Rodríguez e Arnaldo André
- La Zulianita - Venezuela (1976), con Lupita Ferrer e José Bardina
- Mariana de la noche - Venezuela (1975-1976), con Lupita Ferrer e José Bardina
- Una muchacha llamada Milagros - Venezuela (1973–1974), con Rebeca González e José Bardina
- Peregrina - Venezuela (1973) con Rebeca González e José Bardina
- María Teresa - Venezuela (1972) con Lupita Ferrer e José Bardina
- Esmeralda - Venezuela (1970-1971), con Lupita Ferrer e José Bardina
- Lisa, mi amor - Venezuela (1970), con Marina Baura e José Bardina
- Bajo el cielo de Argelia - Cuba (1962)
- Hasta que la muerte nos separe - Cuba (1957)
Adaptacións
Notas