Delfín Fidalgo Fernández, nado en Ourense en 1944, é un empresario e político galego.
Traxectoria
Afincado en Ferrol. Foi presidente da Asociación Galega de Campings. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 2 da CPG en Ferrol, se ben esta formación non obtivo representación. Nas municipais de 1991 encabezou como independente a candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño, empatando a 5 concelleiros co PPdeG e logrando a alcaldía co apoio do BNG, CDS e Esquerda Unida, cos cales estableceu unha coalición de goberno. En abril de 1992 rompeu o pacto co CDS e Esquerda Unida[1], e trala dimisión do único edil nacionalista en maio de 1993, estableceu un acordo de goberno co popular Miguel Ángel Pérez Quintela[2]. Ao longo do mandato foise producindo un progresivo afastamento co grupo socialista, chegando incluso a plantexárselle a posibilidade de encabezala candidatura do PPdeG en 1995, pero finalmente optou por retirarse da política á fin do mandato[3].
Posteriormente, volveu centrarse na súa actividade profesional, chegando a ser conselleiro de Turgalicia e coordinador da Fundación Vicente Risco[4].
Vida persoal
Casou e tivo 3 fillos[5].
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 8-4-1992, p.39.
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 10-8-1993, p.39.
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 28-3-1995, p.37.
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 29-4-1993, p.45.
Véxase tamén
Outros artigos