David Pérez Pallas

Modelo:BiografíaDavid Pérez Pallas
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1987
Vigo
País de nacionalidadeEspañola
Actividade
OcupaciónÁrbitro de fútbol

David Pérez Pallas, nado en Vigo o 24 de agosto de 1987, é un exárbitro de fútbol galego.

Traxectoria

A súa relación co fútbol comezou ao xogar no CD Valladares xa de neno, pero abandonou a práctica competitiva na mocidade, para prepararse como árbitro. Afiliado ao colexio galego,[1] despois de tres tempadas en Terceira División, no ano 2010 ascendeu a Segunda División B e só dous anos máis tarde, en 2012, ascendeu a Segunda División, categoría na que arbitrou durante sete campañas. Debutou na categoría nun Guadalajara - Girona e dirixiu un total de 144 encontros en Segunda.

En 2019 pasou a traballar como árbitro VAR en Segunda,[2] labor que realizou ata que en maio de 2023 foi cesado xunto a outros cinco colexiados pola Federación Española de Fútbol e polo Comité Técnico de Árbitros.[3]

Vida persoal

Estudou Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Notas

  1. "Pérez Pallas:David Pérez Pallas - Árbitro". www.bdfutbol.com. Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  2. "Pérez Pallas incorpórase ao VAR de 2ª División". Real Federación Galega de Fútbol. 13 de agosto de 2019. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  3. "Los seis árbitros VAR cesados denuncian represalias de la RFEF por pedir derechos laborales" (en castelán). 31 de maio de 2023. Consultado o 5 de outubro de 2023.