David Ferrer Ern, nado en Xàbia (Alacant) o 2 de abril de 1982, é un tenista español. Actualmente ocupa a oitava posición do ránking individual da ATP, sendo o número 3 a mellor posición da súa carreira, que abandonou por última vez aos 31 anos e 9 meses.
Conta cun título Masters 1000 (o Masters de París 2012), oito títulos en torneos ATP 500 e doce en torneos ATP 250. Ademais alcanzou a final de Roland Garros 2013 e do Torneo de Mestres de 2007, como tamén alcanzou en seis ocasións finais de torneos Masters 1000 (Masters de Roma 2010, Masters de Montecarlo 2011, Masters de Shangai 2011, Masters de Miami 2013, Masters de París 2013, Masters de Cincinnati 2014). É o terceiro tenista español con máis títulos (24) detrás de Rafael Nadal e Manuel Orantes. Tamén é o terceiro con máis vitorias no circuíto, e tras superar as 600 vitorias transfórmase no tenista número 22 na historia que supera a devandita barreira.
Mantívose no Top 20 durante as últimas dez tempadas, rematando catro delas entre os Top 5, incluíndo o número 3 da tempada 2013.
Ademais foi parte dunha exitosa xeración de tenistas españois gañadores tres veces da Copa Davis, en 2008, 2009, e 2011, xunto a Rafael Nadal, Juan Carlos Ferrero, Tommy Robredo, Fernando Verdasco, Nicolás Almagro, Feliciano López e Marcel Granollers.
Véxase tamén
Ligazóns externas