David Caneda

Modelo:BiografíaDavid Caneda
Nome orixinalDavid Caneda Pérez
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,76 m.
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Castellón
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Castellón Editar o valor en Wikidata

David Caneda Pérez, nado no Grove o 30 de xaneiro de 1970, é un exfutbolista e adestrador galego.

Traxectoria

Como futbolista

Formouse na canteira do Pontevedra, destacando dende novo e sendo convocado para a selección galega xuvenil.[1] Tras pasar polo Atlético Pontevedrés, debutou co primeiro equipo na Segunda División B na primeira xornada da tempada 1990/91 contra o Leganés, saíndo de titular. Militou dúas tempadas no primeiro equipo granate, disputando un total de 66 partidos oficiais e marcando un gol contra a Ponferradina. En 1992 fichou polo Racing de Ferrol de Fernando Vázquez,[2] no que xogou dúas tempadas, tamén na Segunda B. Na segunda delas foi o segundo máximo goleador do equipo, con 12 tantos, só por detrás do cántabro José Luis Peña.

Deixou Galicia en 1994 para xogar no Castellón, tamén de Segunda B. Na súa primeira campaña marcou 14 goles, cifra só superada no seu grupo de Segunda B por dous futbolistas: José Luis Garzón (Sabadell) e Antonio Barnils (Manlleu). Despois dunha segunda tempada en Castelló, fichou en 1996 polo Osasuna de Rafa Benítez, co que debutou na Segunda División. Disputou un total de 16 encontros na categoría de prata, 9 deles como titular, pasando na campaña seguinte ao Córdoba. En novembro de 1998 foi despedido do club andaluz despois de caer gravemente lesionado.[3] Os seus últimos equipos foron o Terrassa e o Burriana.

Como adestrador

Comezou a súa carreira como adestrador no Castellón, onde adestrou o equipo xuvenil e o filial en Terceira División.[4] Dende 2013 foi segundo adestrador do donostiarra Pako Ayestarán en diferentes equipos e países: Tecos, Laguna e Pachuca en México, Maccabi Tel Aviv en Israel,[5] e Valencia e Las Palmas en España.

En 2020 converteuse no adestrador do AEK Larnaca da Primeira división de Chipre. Pouco despois da súa chegada, a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións, e en maio o seu contrao foi renovado para a tempada seguinte.[6] Con todo, foi destituído en setembro, sendo substituído polo catalán Joan Carrillo.[7]

Notas

  1. "David Caneda sueña con jugar en el Pontevedra y con el ascenso del Atlético a Tercera División". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 24 de marzo de 1988. p. 51. 
  2. "El pontevedrés David Caneda jugará en el Racing las dos próximas temporadas". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 11 de xullo de 1992. p. 58. 
  3. "El Córdoba despidió a David Caneda al lesionarse". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 19 de novembro de 1998. p. 51. 
  4. "David Caneda, nuevo técnico del Castellón B" (en castelán). 7 de xuño de 2007. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  5. "El grovense David Caneda ficha en el Maccabi de Tel Aviv como ayudante". Diario de Arousa (en castelán). 27 de agosto de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. "El gallego David Caneda renueva con el AEK Larnaca chipriota" (en castelán). 23 de maio de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  7. Roura (22 de setembro de 2020). "El gironí Joan Carrillo és el nou tècnic de l'AEK Larnaca" (en catalán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.