Das Parfum – Die Geschichte eines Mörders é un filme dirixido por Tom Tykwer e escrito por Andrew Birkin, Bernd Eichinger e Tykwer, que se estreou no 2006. Baséase na novela de 1985 O perfume por Patrick Süskind.
Sinopse
Francia, século XVIII. Jean Baptiste Grenouille naceu no medio do fedor dos restos de pescado dun mercado e foi abandonado pola súa nai no lixo. As autoridades fixéronse cargo del e mandárono a un hospicio. Medrou nun lugar hostil; ninguén o quería, porque había nel algo excepcional: carecía por completo de olor. Estaba, pola contra, dotado dun extraordinario sentido do olfacto. Ós vinte anos, despois de traballar nun curtidoiro, conseguiu traballo na casa do perfumista Bandini, que lle ensinou a destilar esencias. Pero el vivía obsesionado coa idea de atrapar outros cheiros: o cheiro do cristal, do cobre, pero, sobre todo, o cheiro dalgunhas mulleres.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas