Das Café der toten Philosophen. Ein philosophischer Briefwechsel für Kinder und Erwachsene (O café dos filósofos mortos) é un libro escrito por Nora K e Vittorio Hösle e publicado en 1998.[1]
Resumo
Nace da curiosidade e as reflexións dunha nena de once anos chamada Nora K, interesada en atopar respostas a múltiples preguntas sobre as realidades da vida. Preguntas que lle contesta un filósofo amigo da familia, Vittorio Hösle.
Tras ler o libro O mundo de Sofía de Jostein Garder, Nora dáse de conta que moitas das preguntas sobre as que viña reflexionando fai tempo, podíanse catalogar como filosóficas. Nese momento é cando coñece a Vittorio, co que comeza un intercambio de cartas no que a filosofía e a nenez son os protagonistas.
O que teñen en común a filosofía e a nenez é o asombro ante o mundo. De aí que a inxenuidade sexa imprescindible para a filosofía, por iso cando un neno pregunta os porqués da vida en ocasións os adultos escorren a pregunta por medo as consecuencias das respostas reais.
Entre a realidade e a fantasía das conversacións mantidas entre Nora e Höslen cos distintos filósofos (Sócrates, Descartes, Platón, Santo Agostiño...), tanto no café coma nos múltiples lugares descritos no libro, créase así e todo unha larga reflexión por ambos os lados, tanto por Nora como por Höslen, das cuestións máis dispares que os nosos filósofos foron deixando a través da historia.
Nora e Höslen neste libro repasan ideas dispares como se os soños e a realidade son mundos totalmente distintos, se deus existe e nos leva cara a unha verdade ou engánanos. Se as ideas son nosas ou xa existían de antes e non simplemente as retomamos, se somos máquinas ou realmente sentimos. Se o tempo existe unicamente na nosa conciencia, pois o pasado non existe o presente é minúsculo e o futuro aínda non chegou. Se o que a xente prefire ver o reflexo ou a realidade poida ser unha forma de loucura.
Notas