Darío Lamazares

Modelo:BiografíaDarío Lamazares
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor en Wikidata
Antas de Ulla, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)

Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e finado o 7 de decembro de 2007 en Buenos Aires[1], foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.

Traxectoria

Chegou a Arxentina con 14 anos, en 1938, e pouco despois participou na fundación da Sociedad de Antas de Ulla y Monterroso e despois do Centro Lucense de Bos Aires, do que foi presidente durante catro períodos. Cando se fusionaron os centros pontevedrés, lucense, coruñés e ourensán no Centro Galicia de Bos Aires, en 1980, foi escollido o seu primeiro presidente. Tamén participou na creación do Instituto de ensino primario e secundario arxentino-galego Santiago Apóstol da capital bonaerense (1998), e mais da constitución da Fundación Galicia-América en 1996, da que foi escolleito vogal. Así mesmo, foi o voceiro da emigración galega nun acto de homenaxe no Congreso arxentino celebrado en 2005.

Galardóns

Datos persoais

Faleceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Tivo dous fillos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas