Darkside, a miúdo estilizada como DARSKSIDE, é unha banda estadounidense da tendencia do indie rock-psych rock e downtempo, creada como o proxecto do dúo de músicos profesionais Dave Harrington e o músico electrónico chileno Nicolás Jaar. En directo e como colaborador habitual nas gravacións contan co batería Tlacael Esparza. [1]
Fundada en 2011, cando Nicolás Jaar estaba xirando por Europa co seu proxecto individual “Space is only noise” acompañado dos seus amigos Dave Harrington e Will Epstein. Nos concertos de Berlín Dave e Nicolás comezaron as gravacións do que sería o primeiro EP de Darkside, homónimo, na súa habitación de hotel, o EP foi publicado ese ano baixo o selo creado polo propio Nicolás e Nikita Quasim, Clown and Sunset. O EP foi reseñado por Pitchfork Media os cales categorizábano como electrónica bluseira. [2] O 20 de xuño de 2013 suben a Soundcloud, baixo o alcume Daftside, unha serie de remixes do álbum completo Random Access Memories de Daft Punk. En 2013 publican o disco Psychic, no 2020Spiral, ambos co selo Matador Records, nesta nova etapa a banda pivota a un son de guitarra do rock independente e voces e arranxos propios do downbeat.
Discografía
Álbums e EP
2011- Darkside EP (Clown and Sunset)
2013- Psychic (Other People, Matador)
2020- PSYCHIC LIVE JULY 17 2014 (Other People, álbum de concertos en directo)
2021- Spiral (Matador)
2023- Live at Spiral House (Matador)
Remixes
Daft Punk – "Random Access Memories Memories" (2013) (Publicado co nome de banda Daftside)