Darko Miličić, nado o 20 de xuño de 1985 en Novi Sad, Serbia, RFS Iugoslavia, é un xogador de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional
Miličić foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Detroit Pistons por detrás de LeBron James, e por delante de xogadores do nivel de Carmelo Anthony, Chris Bosh e Dwyane Wade. Porén, Miličić nunca recibiu moitos minutos de xogo nas dúas tempadas e media que estivo no equipo, así que foi traspasado aos Orlando Magic xunto ao base Carlos Arroyo a cambio de Kelvin Cato e unha elección de primeira rolda do Draft de 2007 (Rodney Stuckey).[1]
O 12 de xullo de 2007, o primeiro día de axencia libre, Miličić asinou cos Memphis Grizzlies un contrato de tres anos, por valor de 21 millóns de dólares.[2]
O 25 de xuño de 2009, Miličić foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Quentin Richardson e diñeiro.[3] O 17 de decembro de 2009, dixo que a súa intención era deixar a NBA e volver ao baloncesto europeo na seguinte tempada.[4]
O 17 de febreiro de 2010, Miličić foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio de Brian Cardinal.[5] O 1 de xullo, os Timberwolves e Miličić acordaron unha ampliación de contrato por 4 anos e 20 millóns de dólares. O 12 de xullo de 2012, os Timberwolves aplicaron a cláusula de amnistía para cortar a Miličić.[6]
En setembro de 2012, Miličić asinou cos Boston Celtics.[7] O 21 de novembro de 2012, os Celtics cortaron a Miličić a petición do propio xogador, para atender uns asuntos persoais.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|