Achegaron ao movemento popular o espírito de Estado Nacional, para que se unisen a eles, en contra dos franceses, non só o pobo de Madrid, senón o exército e demais estamentos oficiais e particulares.
Sen ningún tipo de axudas nin reforzos, ambos os capitáns, xunto con outros oficiais de menor graduación como o tenente Jacinto Ruiz, e os artilleiros ao seu mando, resistiron até a morte, sen apoio da Xunta Suprema de Goberno (teórica representante da soberanía en ausencia do rei Fernado VII, que viaxaba cara a Francia), nin dos propios militares, pero si foron un dos exemplos dos levantamentos posteriores ao 2 de maio de Madrid.
Ademais teñen un grupo escultórico na Plaza del Dos de Mayo de Madrid, cerca do lugar onde estivo o seu cuartel, e no que se conserva a antiga porta deste.
Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2. (A 1ª edición foi publicada en París, en 1851).
Moliner Prada, Antonio (ed.) (2007): La guerra de la independencia en España, 1808–1814. Nabla Ediciones. ISBN 978-84-9359-262-2.