Danzas Brancas é o cuarto álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu. Componse de nove temas e foi publicado no ano 2013.[1] A maioría das cancións son tradicionais e foron arranxadas por Rodrigo Romaní para a orquestra, agás "Insua" (arranxada por Xosé Liz), "O Rillachavos" (arranxada por Xaquín Xesteira), "O Mandil" (arranxada por Quico Comesaña) e "Sil lenzo" (composta por Anxo Pintos).
Tamén contou coa participación do trikitilari vasco Kepa Junkera, que tocou no tema "Rumbas de Marcial e Barciademera".
Listaxe de cancións
Danzas Brancas |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Folerpas e danzas brancas" | Tradicional |
5:11 |
2. |
"Insua" | Tradicional |
3:23 |
3. |
"O Rillachavos" | Tradicional |
5:41 |
4. |
"Sil lenzo" | Anxo Pintos |
4:13 |
5. |
"Rumbas de Marcial e Barciademera" | Tradicional |
6:21 |
6. |
"Xota de Cortellas" | Tradicional |
3:34 |
7. |
"Pasodobre das anduriñas" | Tradicional |
6:01 |
8. |
"Rosa Desvairada" | Rodrigo Romaní |
3:04 |
9. |
"O Mandil" | Tradicional |
6:07 |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas