Danilo Fuzaro

Modelo:BiografíaDanilo Fuzaro
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Uberaba, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Baloncesto Breogán
Participou en
2017Copa América de Basquetebol Masculino de 2017 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Danilo Fuzaro Siqueira, nado o 10 de xaneiro de 1994 en Uberaba, Minas Xerais, é un xogador profesional de baloncesto internacional brasileiro, aínda que tamén posúe a nacionalidade italiana. Actualmente xoga para o TAU Castellò da Liga LEB Ouro. Cunha altura de 1,95 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria

Nado en Uberaba, Minas Xerais, Fuzaro comezou a xogar ao baloncesto coa súa familia en Uberaba por influencia do seu irmán máis vello. Tras moito xogar, os pais deciden en 2007 ir para Uberlândia para particpar unhas probas no equipo, entrando na categoría sub-13. Tras subir por diferentes categorías múdase a Italia, onde atuaría para o Ruvo di Puglia. En Italia, xogou partidos tanto en torneos de base como na Serie C2. Porén, debido a problemas como a falta de pagamento, motivaron ao escolta a retornar ao Brasil en 2012, cando asinou co Minas do Novo Basquete Brasil (NBB), máxima categoría do país.[1] Na súa primeira temporada no NBB, participou en 17 partidos, facendo unha media de 7,5 minutos por encontro. Ao ano seguinte asumiu un papel maior na rotación do Minas, xogando case 20 minutos por partido, números que repite na seguinte tempada, onde recibe os premios de Destaque Jovem e Jogador Que Mais Evoluiu do NBB. Ao ano seguinte torneouse en xogador titular, conseguindo unha media de aproximadamente 11,1 puntos e 2,8 asistencias por partido. En 2017 aumenta máis a súa achega, chegando aos 13,1 puntos, 2,4 asistencias e 2,4 rebotes por encontro, cunha valoración media por partido de 11,1. De feito, chega a anotar 33 puntos ante o Paulistano o 17 de febreiro. O 9 de setembro de 2017 anúnciase o seu regreso a Europa, asinando polo Club Baloncesto Breogán de Lugo.[2]

Clubs

Internacional

En 2015 Danilo foi convocado para disputar as súas dúas primeiras competicións internacionais caa selección brasileira, a Copa Tuto Marchand e a Copa América.

Notas

  1. Giampetro, Giancarlo (12-06-2015). "Danilo Siqueira, cheio de energia em trajetória promissora". Blog Vinte Um. 
  2. "Danilo Fuzaro incorpórase ao Cafés Candelas". breogan.gal. 9 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas