Daniela Núñez Bachiller, nada en Valladolid o 12 de marzo de 1902, foi unha médico española,[1] a primeira en exercer na cidade da Coruña.[2]
Traxectoria
Filla de Ezequiel Núñez Núñez, militar de Betanzos destinado en Valladolid, e da ulmetense[3] Amancia Bachiller Díaz[4], tivo cinco irmáns: Ezequiel, Luis, Pilar, Carmen e María de la Concepción.
Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico. Estudou na Facultade de Medicina (1918-1925). Durante o segundo semestre do curso 1927-28 realizou un "Cours de pratique obstetricale et a pris part aux divers exercices" na Clinique obstetricale et gynecologique Tarnier da Facultade de Medicina da Universidade de París. Trasladouse a Coruña, onde instalou unha clínica xinecolóxica. En 1929 volve trasladarse a París para realizar un "Cours de pratique Obstetricale" en xuño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas