Dado-Dadá

Posavasos do Dado Dadá.

O Dado Dadá foi un club de jazz do ensanche compostelán, situado no número 19 da rúa Alfredo Brañas. Abriu as súas portas en febreiro de 1980 e pechou en febreiro de 2019.[1]

Traxectoria

O club foi dirixido desde a súa fundación por Carlos Asorey e dende o seu falecemento no ano 2007 pola súa viúva Carmen Eixo. Dende 1999 celebrou anualmente o ciclo Galicia Cinco EstreJAZZ, composto por concertos e jams tódolos martes de outubro a xullo. Dende 2009 celebráronse jams de blues tódolos xoves.

Polo seu escenario pasaron figuras do jazz galego como Abe Rábade, Ramón Ángel, Paco Charlín, Virxilio da Silva, Alvaro Vieito, Pablo Castaño, Manolo Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Toño Otero, Javi "GDJazz" Pereiro, L.A.R. Legido ou Marcelino Galán entre outros. E da escena internacional como Carolin Breuer, Chris Kase, Skip Haden, Barry Harris, Avishai Cohen, Javier Colina, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Marc Mirtalta, Carles Carli, Carles Benavent ou Bill Goodwin. No ano 1999, o mestre de jazz Pedro Iturralde gravou no club o seu disco Etnofonias.

Tamén actuaron no club cantautores como Quique González, Ismael Serrano, Sergio Makaroff, Santiago Feliu, Norge Batista, Pedro Luis Ferrer ou Javier Krahe, ademais de actores e cómicos como Mofa e Befa, Os Tonechos, Simone Negrin, Susana Dans ou Luís Tosar. O club foi punto de reunión dos magos composteláns.

Notas

  1. "Desaparece o mítico Dado-Dadá Jazz Club". Cultura Galega. 6 de maio de 2019.