DC-X
DC-X e a súa evolución, DC-XA (DC por Delta Clipper e X por experimental) foi un foguete experimental dos Estados Unidos probado entre 1993 e 1996.[1][1][3]
Características
O DC-X foi o resultado dun programa da oficina da Iniciativa de Defensa Espacial na busca dun foguete que puidera acceder ao espazo usando unha soa etapa. O vehículo foi proposto por McDonnell-Douglas, gañando o concurso de propostas lanzado pola organización gobernamental. O DC-X era a versión a escala 1/3 dun hipotético prototipo (o DC-Y) que sería capaz de chegar a órbita e que nunca chegaría a ser construído. O propósito do foguete era probar varios conceptos relacionados co uso dunha única etapa e demostrar a súa viabilidade, para o cal se fixeron probas na zona de mísiles de White Sands. Os voos de proba levaron ao vehículo a alturas progresivamente maiores ata chegar aos 5500 m. Durante o oitavo voo o casco do foguete rachou ao aterrar bruscamente. O foguete foi reparado e mellorado, dando lugar ao DC-XA, que foi usado pola NASA no programa de vehículos reutilizables ata que no seu cuarto voo o foguete resultou practicamente destruído, poñéndose fin ao programa.[1][2][3]
A forma do DC-X era cónica, de 4,1 m de diámetro na base e case 12 m de altura e unha masa en baleiro de 9100 kg. O DC-XA era lixeiramente máis grande e menos pesado, con mellores prestacións.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
Voo[1][3]
|
Data[1][3]
|
Rampla de lanzamento[1][3]
|
Carga[1][3]
|
Resultado[1][3]
|
Notas
|
1
|
18 de agosto de 1993
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
Primeiro voo dun DC-X
|
2
|
11 de setembro de 1993
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
3
|
30 de setembro de 1993
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
4
|
20 de xuño de 1994
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
5
|
27 de xuño de 1994
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
6
|
27 de xuño de 1994
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Abortado
|
Voo abortado durante unha vez no aire debido a unha explosión de hidróxeno.
|
7
|
16 de maio de 1995
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
8
|
7 de xullo de 1995
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
O casco do foguete rachou nunha aterraxe brusca.
|
9
|
19 de maio de 1996
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
Primeiro voo dun DC-XA.
|
10
|
7 de xuño de 1996
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
11
|
9 de xuño de 1996
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Éxito
|
|
12
|
31 de xullo de 1996
|
White Sands
|
Voo de proba
|
Fallo
|
Unha das patas do foguete non se extendeu, provocando a caída durante a aterraxe e subsecuente explosión. Último voo do DC-XA.
|
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 Mark Wade (2019). "DC-X" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Mark Wade (2019). "DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DC-X / DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|