César Álvarez Enríquez, finado en Celanova en maio de 1916, foi un político galego.
Traxectoria
Foi alcalde de Celanova e deputado provincial polo partido de Celanova (1883). Foi nomeado administrador da subalterna da Compañía Arrendataria de Tabacos en Celanova en 1897.[1] Foi inspector local da Renda do Timbre do Estado de Celanova ata a súa renuncia en 1915.[2] Finou en Celanova en maio de 1916.[3][4]
Notas
- ↑ El Eco de Galicia, 30-12-1897, p. 7.
- ↑ La Región, 2-6-1915, p, 1.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 16-5-1916, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 17-5-1916, p. 2.