César Rodríguez Carril foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo dunha familia de propietarios de Arzúa. Avogado en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Melide tomando posesión o 29 de marzo de 1924. Cesou no cargo en 1925. Foi presidente da Mancomunidade de Concellos de Melide, Santiso e Toques en 1927.[1] Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,[2] e foi nomeado secretario da URD de Arzúa en febreiro de 1934.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Subdelegado de Orde Pública de Arzúa en setembro; en outubro era primeiro tenente de alcalde, e foi alcalde en decembro.[4] Volveu ser nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1942, tomando posesión o 21 de febreiro.[5][6] Renunciou ao cargo en novembro dese mesmo ano.[7]
Recoñecementos
Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Notas
- ↑ BOP A Coruña, 15-9-1927, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 27-7-1932, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-2-1934, p. 8.
- ↑ BOP A Coruña, 10-12-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-2-1942, p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 27-2-1942, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-11-1942, p. 7.
Véxase tamén
Bibliografía