Célia Xakriabá

Modelo:BiografíaCélia Xakriabá

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Célia Nunes Correa Editar o valor en Wikidata
10 de maio de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
São João das Missões, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCélia Xakriabá Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoXacriabás (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo indígena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Brasília (pt) Traducir - Desenvolvemento sustentábel (2016–2018)
Escola Indígena Estadual Xukurank (pt) Traducir - educação básica (pt) Traducir
Universidade Federal de Minas Gerais - Educação indígena (pt) Traducir
Universidade Federal de Minas Gerais - antropoloxía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, activista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialismo e Liberdade Editar o valor en Wikidata

Facebook: celiaxakriabaa Twitter: CXakriaba Instagram: celia.xakriab Editar o valor en Wikidata

Célia Nunes Correa, nada en 1990, máis coñecida como Célia Xakriabá  [ˈsɛ.li.ɐ ʃɐˌkɾi.ɐˈba], é unha educadora e activista indíxena do Brasil pertencente ó pobo xakriabá. É coñecida por promover, entre outras cousas, o avance no status e os dereitos das mulleres indíxenas, os dereitos das terras indíxenas e a educación indíxena.[1][2]

Traxectoria

Xakriabá naceu no concello de São João das Missões no estado brasileiro de Minas Xerais. Asistiu á Escola Estatal Indíxena Xukurnuk.[3] Posteriormente, foi alumna e mestra de educación indíxena na Universidade Federal de Minas Gerais en 2013.[1] Xakriabá conseguiu o seu mestrado en educación pola Universidade de Brasilia en 2018.[4] É a primeira membro da súa tribo en obter un graduado.[5]

Xakriabá foi activista dos dereitos indíxenas dende os 13 anos de idade.[6]

Carreira educativa

Xakriabá nunha conferencia da Universidade de Brasilia en 2018.

En 2015, Xakriabá converteuse na primeira persoa de ascendencia indíxena no Departamento de Educación de Minas Xerais.[4][7] Estivo nese posto dende 2015 até 2017.[3] Xakriabá declarou que a educación da mocidade indíxena no Brasil non é axeitada porque non se lles ensina sobre os dereitos da súa terra nin sobre a súa historia.[8] Tamén dixo que na educación occidental todo o coñecemento provén do mestre, pero que na educación indíxena todo o mundo comparte o seu coñecemento.[8]

Dende 2017, Xakriabá participou en numerosas conferencias e debates en universidades do Brasil centrándose nos dereitos indíxenas, promocionando a educación indíxena[5] e na revitalización das linguas nativas do Brasil.[9]

Carreira política

Xakriabá opúxose a un proxecto de lei proposto na Asemblea Lexislativa de Minas Gerais que prohibiría ós falantes levar tocados ou traxes "extravagantes". Ela dixo que este proxecto de lei tiña como obxectivo limitar a visibilidade dos falantes nativos.[10] En febreiro de 2019, uniuse ao consello asesor para a representante do Partido Socialismo e Liberdade, Áurea Carolina, de Minas Xerais.[11]

Notas

  1. 1,0 1,1 Garonce, Luiza (27 de marzo de 2018). "Não é privilégio, é dívida histórica', diz professora indígena sobre demarcação de terras no Brasil". G1 (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  2. Alberti, Mia (25 de abril de 2019). Al Jazeera, ed. "'Now belongs to us': Women take lead in Brazil's indigenous fight". Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Servidora indígena na Secretaria de Educação". Coleguium: Rede de Ensino (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Darverson, Julyerme (27 de marzo de 2018). Brasília Encontro, ed. ""Vivemos um momento de retrocesso", diz professora e ativista indígena Célia Xakriabá" (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Rabelo, Nair (9 de agosto de 2018). UnB Notícias, ed. "UnB recebe estudantes com palestra de Célia Xakriabá" (en Portuguese). Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  6. Giving Compass, ed. (10 de xuño de 2019). "Women Take the Lead in the Fight for Indigenous Rights in Brazil". Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  7. "Primeira indígena na Secretaria de Educação de Minas Gerais faz panorama do papel da mulher na defesa dos povos indígenas". APIB (en portugués). 26 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Damázio, Malú (17 de xullo de 2017). Hoje Em dia, ed. "Representante de indígenas na Educação defende modelo diferenciado de aprendizagem" (en portugués). Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  9. Alves, Guilherme (28 de marzo de 2018). UnB Notícias, ed. "Líder indígena defende preservação cultural de povos tradicionais" (en portugués). Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  10. Falabella, Cida (18 de abril de 2019). Gabinetona, ed. "A quem interessa barrar o uso de um cocar?" (en portugués). BHAZ. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  11. "Áurea Carolina - Respeito à cultura indígena (Video)". Facebook (en portugués). 19 de abril de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019.