Cándido Martínez Montenegro, nado en Mondoñedo o 9 de marzo de 1831 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1899,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1851). Foi Xuíz de paz en Mondoñedo e deputado provincial. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1871 e volveu ser reelixido en 1872. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas sucesivas eleccións entre 1876 e 1899. Foi oficial de Fomento, Director Xeral de Correos e Telégrafos, conselleiro de Estado e ministro do Tribunal Contencioso-Administrativo.
Recoñecementos
O concello de Mondoñedo nomeouno Fillo Predilecto en 1890 e dedicoulle unha rúa (agora chamada rúa Eduardo Lence-Santar).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas