Cándido Fernández García, finado o 10 de agosto de 1936 nas Maus (Vilar de Barrio), foi un político galego.
Traxectoria
Militante socialista. Foi concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo de Limia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 9 de agosto a Garda Civil e seis falanxistas presentáronse no seu domicilio en Baronzás ás doce da noite; milicianos armados sacárono á forza e levárono detido ao cuartel da Falanxe de Xinzo. Apareceu asasinado con Cándido Gándara González nas primeiras horas do 10 de agosto de 1936, detrás do muro dunha leira, no km 4,9 da estrada de Vilar de Barrio ao Santuario dos Milagres, en termos das Maus (Vilar de Barrio).
Véxase tamén
Ligazóns externas